O Xoves, 18 de maio, tivemos no centro a visita de persoal da Fundación Igualarte que, en colaboración con Afundación, están levando a cabo unha proposta que pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta o respecto, e promove a inserción laboral de persoas con diversidade funcional. Un programa presencial chamado "Circuíto circense" co que, a través de diferentes actividades, o alumnado puxo o foco na importancia da creatividade, traballando de xeito transversal valores como o esforzo, a empatía, a aceptación do diferente ou o reforzo da autoestima. Podedes ver algunha foto da xornada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario