O alumnado de 5º de Educación Primaria aproveitou unha das saídas da milla para facer unha actividade complementaria, que consistiu na visita ao Xardín Botánico do Concello de Culleredo (que está no roteiro que facemos de paseo habitualmente, no Paseo Marítimo de O Burgo) para realizar a actividade "Observando aves". Ademais de ver e recoñecer diversos tipos de aves (temos a sorte de estar na Ría do Burgo e iso fai que teñamos unha grande variedade) tamén puideron coñecer como conservar e coidar as aves que temos e a contorna na que viven, habitual ou temporalmente, xa que tamén estamos en roteiros de migración. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ECOPARQUE DE MARÍN
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
Os nenos e nenas de 6º de Primaria estiveron no Rocódromo de Riazor participando nunha actividade de escalada, organizada pola Agrupación de...
-
O CEIP Plurilingüe Ría do Burgo acaba de adherirse a un programa do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Este programa, chamado Proxectos de V...
-
O alumnado de 5º de Educación Primaria aproveitou unha das saídas da milla para facer unha actividade complementaria, que consistiu na visit...