Ao longo do mes de xaneiro o alumnado e profesorado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria continúa a facer as súas xornadas de milla no Paseo Marítimo de O Burgo (aínda que houbo unha na que, por mor do frio e a xeada, tivemos que cambiar o percorrido. Podedes ver fotos destas xornadas a continuación:
xoves, 1 de febreiro de 2024
XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO
A Fundación ENKI organiza anualmente unhas xornadas de deporte adaptado para visibilizar e promocionar estas modalidades deportivas. O alumnado de 6º de Educación Primaria foi seleccionado para participar nestas xornadas, que teñen unha dobre vertente: por unha banda, o xoves, 25 de xaneiro, houbo unha charla no noso centro con deportistas para falar do deporte que practican e concienciar da súa situación e, posteriormente, o 5 de marzo, haberá unha xornada lúdica de práctica de diversas modalidades deportivas. Podedes ver fotos da primeira xornada a continuación:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ECOPARQUE DE MARÍN
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
Este mes de maio está sendo moito máis chuvioso do habitual e iso fixo que só puideramos saír en contadas ocasións a facer a milla. O positi...
-
A climatoloxía, por fín, permitiunos saír ao Paseo Marítimo de O Burgo para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria puidese ...













