mércores, 29 de novembro de 2023

FACENDO MILLAS

A climatoloxía, por fín, permitiunos saír ao Paseo Marítimo de O Burgo para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria puidese realizar a actividade da milla, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. A continuación podedes ver unha escolma de fotos das diversas xornadas (xa volveu a chuvia e a ver cando podemos retomala):





















 

XORNADAS DE PERFECCIONAMENTO DE ESCALADA

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu ao rocódromo de Riazor en A Coruña para realizar unhas xornadas de perfeccionamento da escalada a cargo da Deputación de A Coruña e a Asociación de Montañeiros Independentes (AMI). Houbo unha sesión de teoría e seguridade e outra de práctica nos rocódromos para cada curso. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:























 

ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...