O martes, 25 de outubro, tivemos a visita de Omar Pule, campión mundial de trompos. Fixo unha exhibición de diversas figuras e actividades cos trompos, coa participación do alumnado de 5º de Educación Primaria. Posteriormente, na hora do recreo, fixo outra exhibición para o resto do alumnado de Educación Primaria. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:
martes, 25 de outubro de 2022
mércores, 19 de outubro de 2022
XORNADAS CO CLUB DE ESGRIMA CORUÑA E O CLUB DE ESGRIMA CULLEREDO
Entre os días 17 e 20 de novembro, os nenos e nenas de 3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria do centro están a ter unhas xornadas de coñecemento do deporte da esgrima da man de monitores titulados e adestradores do Club Esgrima Coruña e do Club Esgrima Culleredo. Con estas actividades pretendemos ir achegando ao alumnado aos diferentes clubes deportivos do Concello e, de paso, animar ao noso alumnado a que, ademais de facelo no centro e nas actividades extraescolares, tamén fagan deporte e actividade física fóra do centro. Podedes ver unhas fotos da actividade a continuación.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ECOPARQUE DE MARÍN
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
Este mes de maio está sendo moito máis chuvioso do habitual e iso fixo que só puideramos saír en contadas ocasións a facer a milla. O positi...
-
A climatoloxía, por fín, permitiunos saír ao Paseo Marítimo de O Burgo para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria puidese ...


































































