Os días 26 e 27 de setembro, os nenos e nenas de 3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria do centro están a ter unhas xornadas de coñecemento do deporte do balonmán da man de monitores titulados e adestradores do Club Balonmán Culleredo. Con estas actividades pretendemos ir achegando ao alumnado aos diferentes clubes deportivos do Concello e, de paso, animar ao noso alumnado a que, ademais de facelo no centro e nas actividades extraescolares, tamén fagan deporte e actividade física fóra do centro. Podedes ver unhas fotos da actividade a continuación.
luns, 26 de setembro de 2022
NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS
O noso proxecto de vida activa, saudable e deportiva comeza o seu segundo curso, con novos folgos e ilusións por desenvolver diversas actuacións que axuden a que o noso alumnado interiorice e leve á práctica diversas actividades que contribúan, de xeito global, ao seu desenvolvemento persoal e social, tratando de mellorar a súa saúde a través da actividade física e a alimentación saudable.
COMEZAMOS!!!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ECOPARQUE DE MARÍN
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
Este mes de maio está sendo moito máis chuvioso do habitual e iso fixo que só puideramos saír en contadas ocasións a facer a milla. O positi...
-
A climatoloxía, por fín, permitiunos saír ao Paseo Marítimo de O Burgo para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria puidese ...



















