mércores, 15 de xuño de 2022

CAMIÑO DE SANTIAGO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron o martes, 14 de xuño, unha actividade didáctica, aproveitando que polo Concello de Culleredo pasa un pequeno tramo do Camiño Inglés de Santiago. Nesta actividade traballaron na aula un pouco de historia e cultura do Camiño e, posteriormente, fixeron o tramo da etapa correspondente. Podedes ver fotos da actividade.


























 

ESCALAMOS NO COLEXIO

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria está a aproveitar os recreos para utilizar, supervisado polo mestre de Educación Física, o rocódromo que temos no ximnasio e reforzar así o equilibrio e habilidade motriz. Podedes ver varias fotos a continuación.











venres, 3 de xuño de 2022

MILLAS NO PASEO MARÍTIMO

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria continúan a facer as súas sesións de millas, cando o tempo o permite, nas clases de Ciencias Naturais. Ao longo destas semanas seguimos a percorrer tramos do Paseo Marítimo de O Burgo. Podedes ver diversas fotos a continuación.















 

CURSO DE RCP E PRIMEIROS AUXILIOS

O xoves, 26 de maio, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria fixeron un curso de RCP e primeiros auxilios, realizado a cargo de Emerxencias e Protección Civil de Culleredo. Fixeron actividades de reanimación cardiopulmonar (RCP), posición lateral de seguridade (PLS) e maniobra de Heimlich. Podedes ver fotos a continuación:







































 

ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...