Aínda que houbo varios días cun tempo variable, puidemos aproveitar algunha xornada para continuar facendo millas polo Paseo Marítimo de O Burgo en 4º, 5º e 6º de Primaria. A actividade serviunos, tamén, para ver o avance das obras do dragado da Ría. Podedes ver unha serie de fotos a continuación.
venres, 29 de abril de 2022
A RUTA DA AUGA - RÍO MERO
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, en colaboración co Concello da Coruña, realizaou unha actividade chamada "A ruta da auga". O obxectivo éra que o alumnado coñecese a importancia da auga e da súa conservación e, ademais, traballar a condición física. Houbo dúas sesións: unha teórica na aula e outra práctica facendo un roteiro por un tramo do río Mero. Podedes ver a continuación unha escolma de fotos da actividade.
luns, 25 de abril de 2022
XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO ENKI (2ª XORNADA)
O alumnado de 6º de Primaria, que xa participou nas Xornadas de Deporte Adaptado de ENKI, tivo o venres, 22 de abril, unha segunda xornada desta actividade con atletas que participan en diversas modalidades de deporte adaptado. Foi unha xornada divertida e participativa que serviu para destacar a importancia da actividade deportiva como axente de saúde. Podedes ver algunhas fotos a continuación.
ECOPARQUE DE MARÍN
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
Os nenos e nenas de 6º de Primaria estiveron no Rocódromo de Riazor participando nunha actividade de escalada, organizada pola Agrupación de...
-
O CEIP Plurilingüe Ría do Burgo acaba de adherirse a un programa do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Este programa, chamado Proxectos de V...
-
O alumnado de 5º de Educación Primaria aproveitou unha das saídas da milla para facer unha actividade complementaria, que consistiu na visit...