O noso alumnado de 6º de Primaria participou o mércores, 30 de marzo, nunha das Xornadas de deporte adaptado organizadas por ENKI. Nesta xornada puideron ver e participar de diferentes modalidades deportivas adaptadas. Nas fotos podedes ver que aprenderon e disfrutaron moito.
xoves, 31 de marzo de 2022
SEGUIMOS PERCORRENDO MILLAS
Nas últimas semanas a meteoroloxía e outras actividades fixeron que as millas que facemos co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria tiveran que espaciarse no tempo. Aínda así, os días que se puido facer, saímos ao Paseo Marítimo de O Burgo para facer a camiñata. Podedes ver fotos a continuación.
venres, 18 de marzo de 2022
XINCANAS DE IGUALDADE
Ao longo da semana do 14 ao 18 de marzo celebramos no centro as Xincanas de Igualdade, con todo o alumnado, tanto de Educación Infantil coma de Educación Primaria. Foi unha actividade onde combinamos a actividade física co desenvolvemento e coñecemento de actitudes para favorecer a igualdade entre todos e todas. Podedes ver fotos da actividade a continuación:
ECOPARQUE DE MARÍN
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
A climatoloxía, por fín, permitiunos saír ao Paseo Marítimo de O Burgo para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria puidese ...
-
O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...
-
Estamos traballando co noso alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria unha aproximación aos xogos populares, tradicionais e autóctonos para ...





































