mércores, 23 de febreiro de 2022

XOGO DE ORIENTACIÓN (DÍA DE ROSALÍA)

Con motivo da celebración do Día de Rosalía (o 23 de febreiro), fixemos unha actividade co alumnado de 5º de Primaria que combinaba a actividade de Orientación e a conmemoración para coñecer a vida e obra da autora galega máis universal. Aproveitamos o circuíto de Orientación que temos instalado no centro para que o alumnado buscase as balizas (nas que había preguntas sobre Rosalía de Castro) e tratase de atopar a información precisa para respostar a ditas preguntas. A continuación podedes ver unhas fotos da xornada.



















O DESENVOLVEMENTO DO EQUILIBRIO E A HABILIDADE MOTRIZ A TRAVÉS DA ESCALADA

Os nenos e nenas de 6º de Primaria estiveron no Rocódromo de Riazor participando nunha actividade de escalada, organizada pola Agrupación de Montañeiros Independientes. Fixeron unha sesión teórica e outra práctica de iniciación á escalada e coñeceron as normas de uso e seguridade esenciais para o desenvolvemento da actividade. A continuación podedes ver fotos da actividade:























































 


ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...