luns, 17 de xaneiro de 2022

BADMINTON

Neste mes de xaneiro estamos comezando a practicar badminton. "As Súas Maxestades de Oriente" trouxeron de regalo, a aqueles e aquelas que aínda non o tiñan, unha raqueta de badmintos. Por iso, estamos a aproveitar este presente para practicar e coñecer mellor un dos deportes de raqueta máis coñecidos e, de paso, mellorar aspectos coma a coordinación, os golpeos e, en definitiva, o noso traballo a nivel físico e motriz.





CAMIÑAMOS POLO PASEO MARÍTIMO

Nas semanas lectivas de finais de decembro e nas de comezo de xaneiro estamos a disfrutar dunha boa climatoloxía, que nos está a permitir realizar durante varias xornadas saídas do alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria a facer a milla nun entorno privilexiado. Aínda que saímos ben abrigados (porque, aínda que vai sol tamén vai frío) aos poucos minutos xa comezamos a ter calor co "paseo". Podedes ver unhas fotos das últimas saídas.













ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...