martes, 16 de novembro de 2021

FACENDO A MILLA

O alumnado e profesorado de 4º, 5º e 6º de Primaria está a facer, dende o mes de novembro e sempre que a climatoloxía sexa favorable, a actividade de camiñar unha milla. Aproveitando que temos ao lado o Paseo Marítimo de O Burgo, aproveitaremos para realizar o percorrido nesa zona próxima ao colexio. Esta actividade encádrase no Proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro, para favorercer o exercicio físico, a alimentación saudable e, en xeral, promover hábitos saudables e evitar o sedentarismo e a obsesidade, entre outros, para mellorar a saúde de todos/as. Podedes ver algunha das fotos da actividade:





 

BAILANDO NO RECREO

Aproveitando que vai bo tempo, ao longo dos meses de outubro e novembro, estamos a realizar, nas horas do recreo, actividades de baile para o alumnado. David, o mestre de prácticas, e outro profesorado que se vai sumando, están a facer de DJ's para promover os hábitos saudables de vida activa e exercicio. Sempre que a climatoloxía o permita traballaremos nesta iniciativa. Podedes ver algunhas fotos dos primeiros días a continuación.










 


luns, 15 de novembro de 2021

CIRCUÍTO DE ORIENTACIÓN

O noso centro acaba de instalar un Circuíto de Orientación Permanente (instalado pola empresa Trick Track) para promover o Deporte da Orientación no centro e, ademais, permite realizar diferentes actividades para todas as áreas. O circuíto ten unhas balizas fixas e outras móbiles para permitir realizar diferentes percorridos. O profesorado do centro foi o primeiro en probar este circuíto. Podedes ver unhas fotos da actividade e do material.

















 

COMEZAMOS

O CEIP Plurilingüe Ría do Burgo acaba de adherirse a un programa do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Este programa, chamado Proxectos de Vida Activa e Deportiva, está organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e pretende deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado.

Neste blog iremos publicando as diversas actividades que imos facer ao longo do curso e promoveremos actuacións encamiñadas á mellora da saúde do noso alumnado (exercicio físico, alimentación saudable, ...).

ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...