martes, 11 de xuño de 2024

ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de pontes, tirolina, escalada e traballando e fortalecendo cardio, ademais da musculatura lumbar e abdominal, co que melloramos a estática lumbo-abdomino-pélvica (permitindo ser máis conscientes sobre o noso corpo, regulando a dirección e o rango de movemento das articulacións e permitindo reaccións e respostas automáticas seguras). Pode verse unha escolma de fotografías a continuación.







xoves, 23 de maio de 2024

MILLAS EN MAIO

Este mes de maio está sendo moito máis chuvioso do habitual e iso fixo que só puideramos saír en contadas ocasións a facer a milla. O positivo é que as obras de dragado da Ría do Burgo están case rematadas e xa puidemos facer roteiros alternativos e disfrutar dos novos espazos. Podedes ver unha pequena escolma de fotos a continuación:







 

XOGOS POPULARES

Estamos traballando co noso alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria unha aproximación aos xogos populares, tradicionais e autóctonos para que practiquen e valoren actividades que facían os nosos pais e nais, avós e avoas e, incluso, moito antes deles/as. Hai xogos de sempre (rá, corda, chapas) e outros adaptados (chave ou indiakas). Podedes ver unha pequena escolma de fotos a continuación.:





 



martes, 23 de abril de 2024

MILLA E AVES

O alumnado de 5º de Educación Primaria aproveitou unha das saídas da milla para facer unha actividade complementaria, que consistiu na visita ao Xardín Botánico do Concello de Culleredo (que está no roteiro que facemos de paseo habitualmente, no Paseo Marítimo de O Burgo) para realizar a actividade "Observando aves". Ademais de ver e recoñecer diversos tipos de aves (temos a sorte de estar na Ría do Burgo e iso fai que teñamos unha grande variedade) tamén puideron coñecer como conservar e coidar as aves que temos e a contorna na que viven, habitual ou temporalmente, xa que tamén estamos en roteiros de migración. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:






















 

xoves, 21 de marzo de 2024

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO

O 5 de marzo, no Palexco da A Coruña, tivo lugar a segunda actividade das Xornadas de Deporte Adaptado, levadas a cabo pola Fundación ENKI. O alumnado de 6º de Educación Primaria, despois da primeira xornada, celebrada o 25 de xaneiro no noso colexio, asistiu a unha xornada práctica de actividades cos diferentes deportes propostos pola Fundación. Foi un día de aprendizaxe, concienciación e diversión. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación.








































 

ECOPARQUE DE MARÍN

O alumnado de 6º de Educación Primaria ven de visitar o Ecoparque de Marín, no que pasaron unha xornada de actividade física con pasos de po...